Primeira reunión do Foro da Sustentabilidade de Vigo Axenda 21 Local
O Concello de Vigo iniciou o proceso de participación da sociedade viguesa no deseño dunha estratexia de futuro para o municipio, en clave de sustentabilidade. Este proceso comezou o luns 26 coa presentación da Axenda 21 Local de Vigo aos membros do Consello Sectorial de Medio Ambiente e abriuse a todas as organizacións e sectores da cidade a través do Foro da Sustentabilidade constituído o mércores día 30 de abril en Cotogrande.<br />
A Axenda 21 Local é unha acción pública de carácter integral que atribúe á participación cidadá un papel moi relevante na construcción dunha calidade de vida hoxe que non comprometa a calidade de vida das xeracións futuras. Neste marco, e como unha das liñas de traballo, vanse desenvolver reunións do Foro da Sustentabilidade ata finais do ano 2004, en que se materializará un Pacto Social pola Sustentabilidade.
Na primeira reunión , presidida polo Concelleiro de Medio Ambiente José Manuel Figueroa, o obxectivo principal foi delimitar as problemáticas que máis poden ameazar a sustentabilidade local. Os participantes, membros de organizacións empresariais, veciñais, culturais, ecoloxistas, de comunidades de montes, sindicais, e cidadáns a título particular, identificaron as cinco problemáticas principais sobre as que se articularán as mesas temáticas de traballo do Foro.
As temáticas identificadas son conciencia cívica; contaminación e protección do medio ambiente; planeamento e modelo de cidade; mobilidade, transporte e accesibilidade; marxinación, pobreza e desemprego.
Conciencia cívica, identidade, educación en valores e participación cidadá
Incorpora as problemáticas identificadas en torno á falta dunha educación cívica, medioambiental e en valores, a falta dunha conciencia colectiva e un liderato social e a falta de espacios de encontro entre as institucións e a cidadanía que favorezan a participación cidadá nas políticas e planificación da cidade, e á escasa identidade viguesa entre a súa poboación.
Contaminación e protección do medio ambiente
As problemáticas detectadas foron de contaminación atmosférica, acústica e a derivada de vertidos e xestión de residuos, así como a degradación dos espacios naturais, como o litoral costeiro, as ribeiras dos ríos e regatos e o conxunto dos espacios naturais.
Planeamento e modelo de cidade
Identifícase a falta de definición dun modelo de cidade a longo prazo, que integre o medio ambiente, o desenvolvemento social e o desenvolvemento económico local. Este modelo debe orientarse á humanización do espacio e a facilitar o encontro cidadán.
Mobilidade, transporte e accesibilidade
O sistema de mobilidade e transporte ten moita relevancia na habitabilidade do espacio público, na calidade ambiental e na ecoeficiencia. Formúlase a necesidade de definir un modelo de mobilidade que prime os desprazamentos peonís e en transporte público e que atenda a necesidades de accesibilidade de todos os colectivos sociais.
Marxinación, pobreza e desemprego
Póñense en relación as problemáticas de marxinación, pobreza, desemprego e precariedade laboral coa carencia dun modelo de desenvolvemento local sostible.
Ademais das persoas que tomaron parte desta primeira reunión, as mesas temáticas están abertas a todas aquelas organizacións, profesionais e cidadáns a título particular que queiran incorporarse á Axenda 21 Local de Vigo. As manifestacións de interese son recollidas polo Equipo de Participación Social no teléfono 986 126 010 ou a través do correo electrónico, cidadanía@rede-cidadania.com A próxima reunión está prevista para as últimas semanas do mes de maio.
Descargar todas as imaxes