Escoitar

Antimatiz sube a escena no Festival de Teatro Alternativo

A compañía Antimatiz Teatro de Bos-Aires/Madrid pon en escena a obra "Beautiful People"o xoves día 6 ás 20.30 horas no MARCO

mércores, 5 mai 2004
1083761834anti.jpeg
A obra contra a historia dun home soterrado ata o colo, unha folletinesca muller farta de cargar coa súa irmá paralítica, un gigoló e un cadaleito na morgue teñen algo que contar. Ningún deles foi tocado pola variña máxica que fai a vida mellor, a que cura a ollada que se lle bota ao mundo para facer á xente máis boa. Eles non poden acadar a virtude nin a marabilla nin a graza das almas fermosas. Son impasíbeis, quedaron coa carne en cru fronte á realidade. E cóntano. A crueldade da existencia e a crueldade do espectador desa existencia.

A dramaturxia e dirección é de Joaquin Ostrovsky. Déborah Deneo é a asistenta de dirección.Producida por Biarrutz Producciones.O deseño de luces corre a cargo de Carlos Malder Marino.Xogan : Tomás Pozzi e Juan Echenique.
Descargar todas as imaxes