Escoitar

Inauguración da exposición "Mans creativas 2004"

A concelleira da Muller, Lucía Molares, asiste á inauguración da exposición de traballos de mulleres que participan no programa municipal "O noso tempo" que se amosa nos locais da Federación Veciñal Eduardo Chao os días 6,7,8 e 9 de maio.

mércores, 5 mai 2004
1083756747mans.jpg
Ademais da exposición as mulleres realizarán obradoiros "en directo" do seu traballo anual e terán como escenario a praza da Princesa e a praza da Constitución. Os obradoiros que se faran son de patchwork, arranxo floral, artesanía en coiro, encaixe de bolillos, cestería, manualidades, teatro, aerobic latino, ximnasia, tai-chi e chi-kung.

O Concello asinou un convenio coa Federación para a realización deste programa que ten como obxectivo é impulsar a participación social das mulleres do movemento veciñal e cultural de Vigo e o fomento dun tempo e dun espacio propio para as mulleres, no que se sintan partícipes dun grupo e poidan gozar dun tempo de lecer.
Descargar todas as imaxes

Máis información