A compañía LOS CORDEROS escenifica a obra "Crónica de José Agarrotado "<br /> <br />
O teatro volve ao auditorio municipal na terceira representación do Festival de Teatro Alternativo que organiza a concellería de Festas e a asociación Noescafé Teatro. Nesta ocasión o venres, día 7 , ás 21.30 horas, será a compañía Los Corderos quen escenifiquen a obra "Crónica de José Agarrotado ( menudo fillo de puta )".
A historia é a crónica dun intento de convivencia nos termos máis xerais e as súas particulares imposibilidades; co consecuente derrubamento de todo o creado. Un absurdo elaborado pero cotián, e utilizado como fío creador dun mundo propio, con leis propias, no que poder narrar unha experiencia como a que se conta en Crónica de José Agarrotado. Nunca pensache que matar o teu alter ego podería axudarte a soportar mellor a vida?, é, basicamente, unha cita sen saída con alguén tan cercano a ti, que ben podería tratarse da túa parella ou de ti mesmo."...traédeme preto todo o meu, nada máis pido nada máis quero, o meu frío comigo e as razóns sen control ao meu carón. Estou moi ben aquí, por favor, non llo digas a ninguén..." dixo José Agarrotado mentres mataba os primeiros caracois da mañá .
O deseño iluminación corren a cargo de Ana Rovira y loscorderos.sc. As mesturas e Samplers son de Mireia Tejero e danzan David N. Climent y Pablo Molinero
está composto por un rabaño reducido, David N. Climent e Pablo Molinero. Ambos pertencentes á mesma xeración, a do 77, e á mesma provincia, Castellón.
Coinciden por primeira vez en 1.996 traballando para Visitants Companyia de Teatre, onde ambos permanecen un período considerable, adquirindo así, as táboas necesarias para enfrontarse ó teatro de rúa. Pero a súa inquieta traxectoria lévalles a traballar para outras compañías, como por exemplo La Danas, El Teatro de l’Home Dibuixat, Piñor Teatro ou La Fura dela Bous, Sol Pica Compañía de Danza, La Viúva y Moreno Ensamble, entre outras. Realizan entón –a miúdo por separado- espectáculos de sala, de danza, de intervención audiovisual e demais, así como numerosos cursos e encontros de formación: Encontros no Norte, no muíño Durcal, obradoiro con Carbono 14, Workshop con Nigel Charnock (DV8), Moreno Bernardi, etc.
E é no ano 2.003, en Barcelona, onde compaxinando formación e traballo, deciden –como xa fixeron anteriormente, pero sen chegar a poñer un nome ás cousas-, levar o seu training conxunto ata a elaboración dunha peza, dando renda solta á necesidade de seguir traballando e creando xuntos. O nome que lle puxeron a todo esto: loscorderos.sc.
Descargar todas as imaxes