Escoitar

O circuíto de teatro "Vigo a escena" ofrecerá 16 funcións nos barrios vigueses<br />

A primeira parte do circuíto teatral "Vigo a escena", da Concellería de Festas e Animación Sociocultural, celebrarase os meses de maio e xuño nos barrios da cidade. Este é o sexto ano do programa que constitúe unha rede municipal de teatro con 16 representacións destinadas a darlle oportunidade de exhibir o seu traballo ás compañías locais e facer partícipes do teatro aos cidadáns", explicou o concelleiro Ignacio López Chaves.

venres, 7 mai 2004
1083933886vigoaesceona.jpg
Calero e López Chaves
"Vigo a escena" é un programa de difusión e potenciación do teatro na cidade que, xunto co Verán de teatro, o Vigocreque e o Festival Alternativo de Teatro, pretende servir de lugar de expresión para os artistas da cidade ademais de descentralizar a programación municipal.

Xerome Calero, director de Máscara Produccións, explicou que este circuíto é un paso importante para o crecemento das compañías viguesas que ofrecerán varias estreas nesta edición e que percorrerá 11 barrios da cidade.
Descargar todas as imaxes