Escoitar

Xunta de Goberno Local

O luns, día 10, a partir das nove da mañá celebra sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local e tratará, entre outros asuntos, do proxecto de regulamento orgánico da Comisión Especial de Suxerencias e Reclamacións e do Valedor do Cidadán.

venres, 7 mai 2004
1.- Acta da sesión ordinaria do 26 de abril de 2004.

ALCALDÍA
2.- Proxecto de regulamento orgánico da Comisión Especial de Suxerencias e Reclamacións e do Valedor do Cidadán. Expte. 1179/110.

3.- Proxecto de regulamento orgánico do Consello Social da Cidade de Vigo. Expte. 1178/110.

4.- Plan e medidas de choque para o desenvolvemento da Sociedade da Información e Impulso da Administración electrónica no Concello. Expte. 1236/101.

ATENCIÓN CIDADÁ
5.- Bases da convocatoria de subvencións para actividades de implantación das novas tecnoloxías da comunicación en entidades non lucrativas para o ano 2004. Expte. 407/321.

ASESORÍA XURÍDICA
6.- Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 243-2003 interposto por D. RICARDO RODRÍGUEZ FRIEIRO en relación coa liquidación da taxa por recollida de lixo dos anos 1998-2001 correspondente ó nº 19-2ºD da rúa Alvaro Cunqueiro. Desestimado.

7.- Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 274/2003 interposto por ORDEN HOSPITALARIA DE S. JUAN DE DIOS en relación coa solicitude de devolución de ingreso indebido do imposto sobre construccións, isntalacións e obras. Desestimado.

8.- Sentenza do Xulgado do Cotnencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 233/2002 interposto por D. FRANCISCO JAVIER GUTIÉRREZ ORUE interposto contra acordo plenario do 25.03.02 que aproba o presuposto para o ano 2002 e desestima reclamación formulada polo recorrente. Estimada en parte.

9.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 01/0127/2003 interposto por D. ANTONIO VIVERO MIJARES contra resolución de Alcaldía de 26.12.02 de nomeamento do cabo da Policía Local d. Fco. Javier Carballo Acuña como suboficial en prácticas. Desestimado.

10.- Sentenza do TSXG no rec. de apelación nº 01/0216/03 interposto por D.JOSÉ BENITO VILLAVERDE VELEIRO contra sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 276/02, sobre diferencias retributivas. Desestimado.

11.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 01/1293/2002 interposto por D. JUAN CARLOS ROMÁN CASAS e D. JOSÉ MANUEL GONZALEZ UCHA contra resolucións de Alcaldía que os exclúe de listados provisional e definitivo de admitidos para a oposición á praza de Técnico Medio de Servicios Económicos. Desestimado.

12.- Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo nº 58/2004 interposto por D. MANUEL ABALLE GONZALEZ en relación con silencio negativo a solicitude retributiva do 29.01.03 e recurso administrativo posterior. Rematado o procedemento.

BENESTAR SOCIAL
13.- Certificación das obras de acondicionamento da vivenda sita en Centieira nº 29-Castrelos, realizadas con cargo á subvencións para infravivenda rural. Expte. 10870/301.

14.- Certificación das obras de acondicionamento da vivenda sita no Cño. De Eixón nº 12, realizadas con cargo á subvencións para infravivenda rural. Expte. 10869/301.

15.- Certificación das obras de acondicionamento da vivenda sita na Estrada Vilaverde nº 30-Zamáns, realizadas con cargo á subvencións para infravivenda rural. Expte. 10871/301.

16.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar, alta exptes: 13/26849, 13/30315.

CULTURA
17.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Cultura durante o mes de abril de 2004. Expte. 8279/331.

18.- Proxecto de convenio entre a Concellaría de Cultura do Concello de Vigo e o Real Club Náutico de Vigo para a organización da "VII Edición do Concurso de piano para xóvenes intérpretes". Expte. 8276/331.

19.- Autorización de gasto para a participación do Concello de Vigo no XXII Premio de novela longa en lingua galega "Eduardo Blanco Amor" organizado polo Concello do Grove. Expte. 8271/331.

DEPORTES
20.- Solicitude do Club Automodelismo Vigués de autorización para a realización de tres probas de automodelismo de rango nacional no circuito de automodelismo de Samil. Estimada.Expte. 4438/333.

21.- Solicitude do ANPA do CEIP Balaídos de autorización para a realización do Cross Escolar Balaídos no Parque de Castrelos o día 6.06.04. Estimada. Expte. 4441/333.

22.- Solicitude do Club Ciclista Traviesas de autorización para realizar a XI Super Marcha Cicloturista Club Ciclista Travesas o día 6.06.04. Estimada. Expte. 4442/333.

23.- Solicitude da Agrupación Deportiva Castro San Miguel de autorización para realizar o X Cross Escolar Agrupación Deportiva Castro San Miguel o día 30.05.04 no Parque de Castrelos. Estimada. Expte. 4440/333.

24.- Solicitude do Club Ciclista Vigués de autorización para realizar a V Carreira Deputación de Pontevedra categorías Élite e Sub 23, o día 23.05.04 . Estimada. Expte. 4439/333.

25.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Escudería Rías Baixas para a celebración da 40 Edición do Rallye Rías Baixas 2004. Expte. 4436/333.

EMPREGO
26.- Prórroga do contrato de aluger do inmoble situado na Estrada do Vao nº 151, período 15.05.04 – 15.05.05. Expte. 2288/077.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
27.- Adxudicación de vehículos do depósito da Avda. de Madrid para chatarra. Expte. 69590/210.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
28.- Reclamación de danos:
a) Amelia Alvarez Pousa. Estimado recurso de reposición formulado pola mesma.Expte. 14120/240.
b) Mª Gloria Rodríguez Fernández. Estimada. Expte. 15207/240.
c) Jaime F. J. Martínez Alonso. Estimada. Expte. 15891/240.
d) Vanesa Rodríguez Caride. Desestimada. Expte. 14303/240.

PATRIMONIO HISTÓRICO
29.- Indemnización substitutiva a favor da empresa CESPA por importe de 457,34 € pola recollida e traslado de restos vexetais do xardín histórico de Castrelos no mes de decembro de 2003. Expte. 2040/307.

URBANISMO
30.- Rectificación de erros da parcela nº 12 do Proxecto de compensación da U.E. IV-12 Ramón Nieto nº 6. Expte. 4166/401.

31.- Cesión de terreos para ensanche e mellora da rúa Moledo e a súa confluencia coa rúa Lameiro. Expte. 38896/250.

32.- Solicitude de revisión de oficio do Estudio de Detalle aprobado, a súa posterior modificación e as licenzas concedidas en relación á U.A. V-02 Vista Alegre. Expte. 8995/411.

VIAS E OBRAS
33.- Indemnización substitutiva a favor de Obras y Construcciones Dios S.A. por importe de 24.787,37 € polos gastos derivados da adquisición de formigón. Expte. 40090/250.

XUVENTUDE
34.- Solicitude de subvencións á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado para actividades dirixidas á xuventude. Expte. 1085/336.

35.- Rogos e preguntas.