O Plan Municipal de Emprego aposta pola formación de desempregados en empresas
A concelleira da Área de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares Pérez, asinou esta mañá un convenio coa empresa Alcampo,S.A. para desenvolver un curso de formación ocupacional de "Caixeiro/a de grande superficie", co compromiso final de contratar o 50% dos participantes por un período non inferior a tres meses, sempre e cando rematen satisfactoriamente. O convenio regulará a acción formativa que terá unha duración de 125 horas lectivas, incluídas as prácticas, e que supón un custo de 2.884 €.
Os beneficiarios deste curso, que se leva a cabo no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007, seleccionaranse entre as persoas desempregadas entrevistadas polos técnicos do Servicio de orientación laboral do Concello, que teñan dentro do seu itinerario formativo a necesidade de realizar cursos de formación para mellora-las súas condicións de ocupabilidade e que cumpran o perfil solicitado pola empresa. Neste senso, os seleccionados serán mulleres e homes, de entre 18 e 35 anos e con graduado escolar.
Coa sinatura deste primeiro convenio deste ano 2004 preténdese continuar na liña da experiencia exitosa obtida na colaboración con Alcampo, S.A. no programa de formación en empresas con compromiso de contratación en anos anteriores, no que ata agora se acadou un alto grao de satisfacción por parte do alumnado. Tamén hai que destacar que o compromiso de contratación sempre superou a porcentaxe do 50 % do convenio, acadando o 100% de persoas contratadas por un período mínimo de 6 meses.
A formación ocupacional realízase nun ámbito productivo real, a empresa, onde os alumnos/as observan e desempeñan as actividades e funcións propias dos distintos postos de traballo, ó tempo que coñecen as relacións laborais e a organizacións dos procesos productivos.
Descargar todas as imaxes