Escoitar

O Goberno aproba varios proxectos de regulamento orgánicos

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os proxectos de regulamento orgánico da comisión especial de suxerencias , reclamacións e do valedor do cidadán así como o do Consello Social da Cidade de Vigo, en cumprimento da lei de medidas para a Modernización do Goberno Local.Así o comunicaron hoxe os concelleiros Lucía Molares e José Manuel Figueroa.

luns, 10 mai 2004
1084192501comisiongoberno10maio.jpg
Molares e Figueroa
A Comisión de Suxerencias e Reclamacións, constitúese como o órgano municipal superior na supervisión da actuación e funcionamento da Administración Municipal, dos seus organismos públicos e entidades dependentes, actuando na defensa e intereses dos veciños, con autonomía orgánica e funcional e independencias de criterios respecto dos demais órganos de Goberno municipal, non estando suxeita nas súas atribucións a instrucción ou mandato imperativo de ningún outro órgano. A Comisión estará integrada por un concelleiro da cada grupo político municipal existente na Corporación.

Ó Valedor do Cidadán establecese como un órgano de enlace e colaboración coa Comisión de Suxerencias e os cidadáns e correspóndelle as funcións de elaborar os informes e memorias que lle solicite a Comisión, así como aqueles outros que estime oportunos e fará o seguimento das actuacións acordadas pola Comisión.

O Consello Social da Cidade de Vigo é un órgano participativo de carácter consultivo das organizacións económicas, sociais , profesionais e de veciños máis representativos do municipio. O Consello constitúese como un foro de diálogo que deberá emitir un informe anual da situación económica e social do municipio que remitirá ó Pleno.
Descargar todas as imaxes