martes, 11 maio 2004
Só poderá circular transporte público e escolar

A estrada vella de Madrid estará pechada ao tráfico ata o 1 de xuño polas obras de acondicionamento

A travesía PO-A, a estrada Vella de Madrid, no treito Seminario-Meixoeiro termo municipal de Vigo, no punto kilométrico 0+300 permanecerá pechada ao tráfico dende o martes 11 de maio ata o vindeiro 1 de xuño polas obras de acondicionamento, en concreto a construcción dunha rotonda, que está a executar a Xunta de Galicia. Só poderán circular pola denominada estrada o transporte público e escolar.

Patrimonio Histórico pon en marcha a páxina web do Centro de Artesanía Tradicional e da Casa do Cesteiro

martes, 11 mai 2004

O Centro de Artesanía Tradicional, adscrito á concellería de Patrimonio Histórico vén de situar en internet a páxina web <a href='http://www.vigo.org/artesania/'>http://www.vigo.org/artesanía</a> a través da que se pode coñecer o labor que desenvolven o CAT e a Casa do Cesteiro e achegarse ó mundo dos oficios tradicionais de Galicia e da súa producción artesana secular.