Escoitar

Deportes patrocina a medio maratón popular de Coia

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou a 26 edición do medio maratón popular de Coia que se celebrará o día 23 de maio a partir das 10:30 horas.

xoves, 13 mai 2004
O maratón está organizado pola asociación veciñal Cristo da Victoria, de Coia e figura no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. As liñas de saída e de chegada están situadas na rúa Redondela, diante do local da asociación. A carreira celebrarase sobre circuíto urbano de asfalto , homologado na distancia de 21.097 metros e percorrerá a avenida Castelao, avenida de Europa e Samil coa chegada prevista ao lugar de inicio ás 13:00 horas.

As persoas interesadas en participar na maratón poden inscribirse ata ás 21 horas do día 21 de maio na sede na A.VV. Cristo da Victoria ou no teléfono 986-233 093.A inscrición é gratuíta e aberta a todos os corredores, estean ou non federados, nados no ano 1986 e anteriores.