A alcaldesa destaca que os novos vos directos a París farán de Vigo unha cidade máis competitiva
Corina Porro destacou hoxe que a decisión da compañía francesa Air France de pór en marcha dous vos diarios entre Vigo e París "fará de Vigo unha cidade máis competitiva". A alcaldesa entrevistouse hoxe co director xeral de Air France, Jacques de Chambrun, o delegado para o Norte de España da compañía e o director de ventas, que comunicaron a decisión da compañía aérea de por en marcha, a partires do 1 de xuño, dous novos enlaces diarios directos entre Vigo e o aeroporto Charles de Gaulle da capital gala. "Isto suporá que Vigo estará conectada a diario coa rede internacional de Air France, con Europa, África, Asia e América Latina, o que reforzará a actividade de moitas empresas da cidade e contribuirá a que Vigo sexa unha cidade máis competitiva", dixo.