Escoitar

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de presupostos

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión de hoxe o proxecto do presuposto municipal para o ano 2004 que alcanza a cifra total de 178.209.428,49 euros.

martes, 18 mai 2004
1084881575jerra1.jpg
Javier Guerra e José Manuel Figueroa
O proxecto será levado a pleno o vindeiro luns e contempla no capítulo de investimentos a cantidade de 17.692.784 , dos que o 40% está comprometido de mandatos anteriores. Esta partida deberá facer fronte, entre outros aspectos, investimentos no Palacio de Congresos, no estadio municipal de Balaídos e a adecuación do edificio Gambón.

A Xunta aprobou , entre outros asuntos, o convenio de cooperación entre o Concello e a Asociación Hoy por Mañana para dispor de prazas de gardería especializada en menores discapacitados, e que será subscrito pola alcaldesa e a presidenta da asociación, cunha aportación municipal de 6.000 euros.

Tamén acordouse autorizar á Agrupación Deportiva do IES A Guía, celebrar o vindeiro día 27 de maio o evento "Xoga Connosco Os Nosos Xogos", dirixido a nenos e nenas dos cursos primeiro e segundo de secundaria de tódolos colexios de Vigo que se desenvolverá no parque de Castrelos, entre ás 9h. e ás 21 horas.
Descargar todas as imaxes