Curso formativo sobre cestería tradicional
A Casa do Cesteiro mantén aberto o prazo de inscrición do programa formativo de "Cestería Tradicional" .A cestería é a arte de transformar e tecer diversos tipos de fibras vexetais.
A cestería galega é nunha das máis ricas de Europa. O cesteiro galego ten a posibilidade de medrar economicamente nun filón de emprego que xurde nuns tempos nos que se demandan, cada vez máis, pezas de fabricación autóctona elaboradas co mesmo saber de antano. A Casa do Cesteiro presenta un programa formativo nas máis variadas técnicas da cestería tradicional galega e nos sistemas de comercialización máis axeitados, orientado ó desenvolvemento profesional dos participantes en dito programa.
O programa formativo ten tres niveis: iniciación, técnicas tradicionais e especialización. As clases impártense na Casa do Cesteiro, na rúa Real nº 10 , en horario: de luns a venres de 9 a 14h.
Os destinatarios do programa son preferentemente persoas xoves desempregadas de idade entre 18 e 35 anos, con interese en formarse nun oficio artesanal no que desenvolverse profesionalmente. A matricula é gratuíta, e as solicitudes pódense recoller no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, na Casa do Cesteiro, ou na páxina WEB www.vigo.org/artesania, na sección "programa formativo" na Casa do Cesteiro.
Para mais información poden chamar aos teléfonos: 986224003/986220458
Descargar todas as imaxes