Escoitar

Gran Festa da Petanca

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou a Gran Festa da Petanca que se celebrará os días 5 e 6 de xuño no campo de fútbol da Bouza.

mércores, 19 mai 2004
1084972000petanca1.jpg
A modalidade da competición é tripletas cunha única categoría ( seniors, feminina, xuvenil e mixtas). Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. A inscrición , que rematará o 27 de maio, será libre e gratuíta. Tamén poderá facerse a través de clubs, centros da terceira idade, asociacións de veciños, de mulleres, xuvenís,colexios.

Posteriormente á data de inscrición , só admitiranse equipos en caso de cadros incompletos e poderán realizarse nos seguintes centros: Concellería de Distrito (tf: 986 298 228); Federación de Peñas recreativas El Olivo (tf: 986 237 778) e A.VV. Cristo da Victoria (tf: 986 233 093).

A competición comezará ás 10 horas do sábado día 5 de xuño ata as 13.30 horas, reanudandose ás 16:30 horas ata as 21:30 horas. O 6 de xuño comezo ás 9 horas ata ás 14 horas, reinicio as 16:30 horas ata o remate do campionato.
Descargar todas as imaxes