venres, 5 mar 2004
A Área de Mobilidade e Seguridade procederá a próxima semana a actuar en materia de seguridade vial coa sinalización horizontal nos pasos inferiores da cidade. Deste xeito pintaranse os bordillos , inicialmente , nos tuneis da Praza de América e Praza de España.
venres, 5 mar 2004
O corpo de Bombeiros celebrará o vindeiro luns a festividade de San Juan de Dios, o seu patrono, cunha misa solemne no Fogar e Clínica San Rafael, á que seguirá unha exhibición dos vehículos e do persoal do servicio ós nenos con discapacidade.
martes, 2 mar 2004
O tráfico volveu á normalidade na zona de Sanjurjo Badía ó rematar, o pasado luns 1 de marzo, das obras de construcción da rotonda que une as rúas Sanjurjo Badía, García Barbón e Julián Estévez.
xoves, 26 feb 2004
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, asiste ó salón Trafic de seguridade vial e equipamento para estradas que se celebra no parque feiral de Madrid entre os días 24 ó 27 de febreiro.
venres, 20 feb 2004
A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes establece un operativo especial o sábado 21 e o mércores 25 con motivo dos desfiles das comparsas. Percorridos alternativos, cortes de tráfico e eliminación do estacionamento de vehículos son algunhas das medidas.
mércores, 18 feb 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe a intención do Concello de Vigo de que a Policía Local e a Nacional realicen vixilancia nas zonas da cidade máis castigadas por actividades delictivas. A alcaldesa, trala celebración da Xunta Local de Seguridade e, acompañada polo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Alejandro Millán Mon, avogou por iniciar accións conxuntas coa Policía Nacional para combater o vandalismo e a inseguridade cidadá. "A cidade debe percibir que a Policía está ó seu servicio e garanti-los dereitos de todos", dixo a alcaldesa, quen engadiu que "coas reformas legais do Goberno central o estado de dereito se vai fortalecer".
martes, 17 feb 2004
Axentes da Policía Local de Vigo abriron expediente sancionador durante a madrugada do pasado día 15 de febreiro a dous mozos que se dedicaban a arrancar plantas das xardineiras situadas no centro de Vigo.
luns, 16 feb 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, asinou un convenio de colaboración co Ministerio e a Consellería de Xustiza, respectivamente, para a conexión da policía municipal á Axenda Programada de Citacións (A.P.C.) entre os xulgados de garda.
luns, 16 feb 2004
A vía de acceso a Ricardo Mella permanecerá pechada ó tráfico dende o 16 de febreiro e por un período de catro meses.
venres, 13 feb 2004
A Concellería de Mobilidade e Seguridade lembra, a través dun bando, as normas para a utilización de materiais pirotécnicos ou artigos de broma no Entroido.