Peche na rúa Cervantes
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras de urbanización na rúa Urzáiz, pecharase ao tráfico rodado o sentido de baixada da rúa Cervantes entre Urzáiz e Rogelio Abalde para todo o tráfico, a partir de mañá luns día 05 de abril ás 00,00 horas e por un período aproximado de catro semanas.<br />
Ao mesmo tempo, e para garantir a circulación no sentido de baixada da rúa Urzáiz, dado que Cervantes estára pechada, permitirase chegar ata República Arxentina en dobre sentido de circulación dos vehículos de transporte público e dos de gálibo superior a 2,5 metros que procedan tanto de Gran Vía como do tramo alto de Urzáiz.
O acceso á rúa Cervantes establécese dende a rúa República Arxentina por Rogelio Abalde ou ben dende a rúa Uruguai por Gravina e Churruca.
O acceso á rúa Cervantes establécese dende a rúa República Arxentina por Rogelio Abalde ou ben dende a rúa Uruguai por Gravina e Churruca.