luns, 3 nov 2003
Dende hoxe e ata o 31 de decembro ponse en marcha a segunda fase da campaña para combater o estacionamento en dobre fila que ten como lema " A dobre fila trae consecuencias" e que desenvolve a Concellería de Tráfico. 30 axentes da policía local encargaranse de controlar o aparcamento en dobre fila, en zona de discapacitados, carga e descarga, paradas e carrilbús.
martes, 28 out 2003
O concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, pediu colaboración e comprensión ós cidadáns cara os problemas de tráfico que se presenta na travesía de Vigo ó entorno do novo hipermercado. Calviño salientou que ata o mes de abril, data prevista para o remate das obras do túnel subterráneo que se está acometendo na zona, a circulación será complicada xa que non se poden establecer rutas alternativas.
Bando de Seguridade, Tráfico e Transportes
venres, 24 out 2003
Esta Alcaldía fai saber que nas vías urbanas de xurisdicción e competencia municipal en materia de tráfico, instalaranse separadores de carrís de circulación.
mércores, 15 out 2003
"A dobre fila trae consecuencias" é o lema da campaña informativa e de acción contra a dobre fila na cidade de Vigo que presentou hoxe o concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transportes, Xulio Calviño que se desenvolverá ata o 1 de novembro momento en que se comezará a actuarse intensamente na retirada de vehículos.O concelleiro manifestou que non é obxectivo do Concello sancionar, senón o de acadar un tráfico máis fluído e unha cidade máis agradable.
martes, 14 out 2003
O concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, presentou hoxe un plan polo que as concesionarias de once párkings públicos da cidade rebaixarán un 40 por cento o prezo da primeira hora do seu uso. Esta medida trátase dun complemento para a campaña contra a dobre fila e a mellora do tráfico que o Goberno Municipal vai poñer en marcha o día 16 deste mes.
luns, 13 out 2003
O concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, participou hoxe no colexio público Virgen del Rocio no inicio do curso de educación viaria que imparten policías municipais e que dura ata o mes de xuño do próximo ano. Nas clases infórmase ós alumnos sobre cómo andar seguros polas rúas, a manter limpa a cidade ou a usar o autobús.
Anuncio de Tráfico, Seguridade e Transportes
martes, 7 out 2003
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras do aparcadoiro soterrado da rúa Urzáiz pecharase ó tráfico rodado a rúa Manuel Núñez no tramo desta entre as rúas Gil e Urzáiz mañá, día 8 ás 11,00 horas e por un período aproximado de seis meses.
Anuncio de Tráfico, Seguridade e Transportes
luns, 6 out 2003
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras do aparcadoiro soterrado da rúa Urzáiz pecharase ó tráfico rodado a rúa Manuel Núñez no tramo desta entre as rúas Gil e Urzáiz mañá, día 8 ás 11,00 horas e por un período aproximado de seis meses.
Anuncio de Tráfico
xoves, 25 set 2003
Ponse a coñecemento do público en xeral, que por mor das obras de condicionamento da estrada ó Seminario-Meixoeiro(Estrada Vella de Madrid) pecharase ó tráfico rodado o tramo desta entre a rúa Naia e o camiño Vello, a partir do xoves 25 de setembro, e por un período aproximado de tres semanas.
xoves, 18 set 2003
As persoas que asistan á Feira Mundial da Pesca a fin de semana poderán acceder nos autobuses gratuítos que o Concello habilitará para facilitar que todos os cidadáns podan achegarse a un acontecemento tan importante para Vigo. Deste xeito, dúas liñas lanzadeiras funcionarán o sábado e o domingo a partir das 9:25 da mañá para facilitar o acceso ao recinto feiral da World Fishing Exhibition.