Escoitar

A Policía Local celebra o seu día de confraternidade

A Policía Local de Vigo celebra o venres o seu día de gala no que recordarán aos compañeiros que se xubilan e darán a benvida aos 20 novos. O acto celebrarse baixo o lema "Dous corpos e un destino" no que tamén se lembra aos policías e bombeiros que participaron nos X Xogos de Policías e Bombeiros celebrados en Barcelona o pasado verán.

xoves, 4 dec 2003
1070535241escan1_2.jpg
O acto celebrarase no transcursos dunha comida na que se fará entrega dos salacot de honra a Carlos Núñez Rodríguez , que foi concelleiro de Tráfico e a Manuel Soto Ferreiro como ex alcalde. O salacot foi unha prenda de vestir a caluga que marcou época dentro da uniformidade da Policía Local de Vigo.

Tamén farase unha distinción especial ó alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño; a Xulio Calviño, concelleiro de Tráfico e Seguridade, a Manuel Mariño Castro, comisario xefe da Comisaria do CNP de Vigo; a Jacinto Lareo, ex concelleiro, á Asociación de Comerciantes de Vigo e ao fotógrafo Angel Llanos. No apartado de distinción a Policía Local fará un recoñecemento á funcionaria municipal Angeles Fuertes Besada.

Á comida asistirán representación da Policía autonómica, nacional, local de Vigo, Moaña, Porriño, da Mancomunidade do Val Miñor, Garda Civil e Bombeiros , participantes no III Torneo de Fútbol 7.

Os medios de comunicación da cidade están convidados ao acto o venres 5 de decembro ás 17:30 horas no restaurante El Castillo para tomar un café cos invitados e asistir ao acto de entrega das distincións.
Descargar todas as imaxes