Inauguración do alumeado de Nadal <br />
A Concellería de Turismo e Comercio e as asociacións de comerciantes da cidade porán en funcionamento o alumeado do Nadal 2003 o vindeiro día 5 de decembro, ás 20.00h. A Concelleira de Turismo e Comercio en funcións, María Xosé Porteiro, acompañada pola Presidenta de FECOVI, Encarna Alvarez, e os Presidentes das Asociacións de Comerciantes de Teis, Travesas, Bouzas, Calvario, Príncipe, Zona Centro e Casco Vello procederán á inauguración do alumeado, realizando un percorrido polas prinicpais rúas do centro da cidade.
O alumeado permanecerá encendido dende o día 5 de decembro e ata o vindeiro día 8 de xaneiro, funcionando durante 6 horas diarias nos días considerados como normais e 7 horas nos días extraordinarios (24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro).
A decoración do nadal reduce o impacto lumínico ambiental, xa que as bombillas das arcadas instaladas non superan os 15 vatios. As principais rúas da cidade contarán cunha novidosa iluminación, nalgúns casos con arcadas e noutros con guirnaldas e bolas de politeno de 55 cm. de diámetro.
A Concellería de Turismo e Comercio asinou convenios de colaboración cos comerciantes, de xeito que son as diversas asociacións de comerciantes as que se encargan da xestión do alumeado. O Concello destinou en concepto de subvención a estas entidades a cantidade de 120.000€, distribuidos entre a Federación de Comercio de Vigo, a Asociación de Comerciante Zona Centro e maila Asociación de Comerciantes do Casco Vello.
Coa aplicación das normas de alumeado aprobadas pola Comisión de Goberno, con obxecto de reducir a contaminación lumínica, tamén se produce un aforro no gasto en concepto de consumo eléctrico; factura que no ano 1999 ascendía a máis de 72.000€ e que agora se reduce de forma considerable a 12.000€. Este aforro permitirá, por outra banda, que a iluminación permaneza encendida durante máis días, xa que a media habitual era de 25 días, mentras que este ano se prolongará durante 35 días.
A normativa limita o consumo por metro cadrado e recomenda o uso de lámpadas de baixo consumo, así como fio luminoso con microlámpadas e fibra óptica.
As asociacións elixiron os motivos das arcadas, así como o número de arcos por rúa. Así a distribución dos arcos será a seguinte:
TRAVESAS 256 arcos
CALVARIO 104 arcos
BOUZAS 41 arcos
PRINCIPE 49 arcos
TEIS 47 arcos
ZONA CENTRO 100 arcos
CASCO VELLO 72 arcos
Ademais do alumeado previsto polos Comerciantes para estas zonas, a Concellería de Turismo e Comercio, en colaboración co Consorcio da Zona Franca, encargarase do alumeado de determinadas rúas nas que non abunda o comercio, así como determinadas rotondas e prazas públicas, o edificio do Concello, Praza de Compostela, Gran Vía (tramo Praza España-Praza América), rúa Venezuela, Camelias, Praza da Independencia, Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Porta do Sol, Praza da Constitución, Praza da Princesa, Rotonda de Bouzas, etc.
Por mor da normativa de alumeado que está en vigor se prevé un réxime sancionador para aquelas empresas que non retiren o seu cableado e enganches unha vez rematado o período do Nadal. A cidade viña sufrindo debido a estas prácticas un deterioro estético importante, xa que as empresas instaladoras deixaban colocados os seus enganches dun ano para outro, co perxuizo que supón para os veciños.
Descargar todas as imaxes