Noites Vivas amplía as actividades ao Museo do Mar
A consellería de Xuventude ven de asinar un convenio co Museo do Mar de Galicia polo que os mozos e mozas de Vigo poderán visitar a exposición "Olladas oceánicas" as noites dos días 12,13,19 e 20 de decembro. O convenio asinouse no marco da programación das Noites Vivas que organiza a Concellería de Xuventude.
Noites Vivas porá un autobús a disposición dos xoves interesados nesta actividade as noites programadas de visita ao Museo do Mar. O autobús sairá ás 22.00 horas desde o Colexio Hogar cara a rúa Venezuela, onde fará unha parada fronte á Asociación Abertal ás 22.15 horas. De aí partirá á rúa García Barbón, fronte ao hotel NH, onde fará a parada ás 22.30 horas. Ás 22.45 recollerá aos últimos xoves fronte ao Pavillón do Berbés, para dirixirse ó Museo.
Todos os xoves interesados en participar nesta actividades poden inscribirse na Casa da Xuventude ou en calquera das sedes do programa Noites Vivas.
Todos os xoves interesados en participar nesta actividades poden inscribirse na Casa da Xuventude ou en calquera das sedes do programa Noites Vivas.