Escoitar

O Concello organiza unha mesa redonda para avaliar as consecuencias do Prestige

As consecuencias do Prestige un ano despois serán avaliadas no transcursos dunha mesa redonda que organiza a oficina municipal do voluntariado e que colaboran as concellería de Participación Cidadá e Medio Ambiente. O acto celebrase o xoves, día 4 de decembro, a partir das 20 horas no Aula Sociocultural de CaixaGalicia.

mércores, 3 dec 2003
1070452218Cies.jpg
Illas Cies
Coa realización dunha mesa redonda sobre o voluntariado ambiental e a participación cidadá conclúe o programa de formación de voluntariado ambiental organizado pola Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo e que se ven realizando ó longo dos meses de novembro e decembro.

A actividade celebrarase na sede do Aula Sociocultural de CaixaGalicia o xoves, día 4 de decembro de 20 a 21.45 horas e acollerá a participación de varios relatores que analizan a acción voluntaria ambiental no marco post-Prestige. A esta iniciativa sumouse a concellería de Medio Ambiente que aportará unha perspectiva desde o punto de vista ambiental. A Mesa será presentada polo concelleiro de Participación Cidadá, Miguel Barros e moderada por Beatriz Gómez Ouro, responsable da oficina municipal de voluntariado do Concello de Vigo.

Entre os ponentes estará Santiago González Avión, presidente da Plataforma de Voluntariado de Vigo que se ocupará de facer un análise e reflexión da percepción do voluntariado na nosa cidade despois da catástrofe do Prestige. A continuación intervirá o ex concelleiro Enrique Vieitez que disertará sobre "O papel do voluntariado e as Administracións". Finalmente Juan José González Fernández, investigador xefe do programa de contaminación mariña do Instituto Oceanográfico Español , falará sobre "Seguimento químico da contaminación procedente do Prestige" e Emilio Fernández Suárez, profesor titular de Ecoloxía da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo , pechará a mesa analizando as "Consecuencias ambientais da catástrofe do Prestige".

A entrada á Mesa é libre e ó remate da mesma entregaranse os diplomas aos asistentes ó Curso de Coordinación de Voluntariado Ambiental e ó Curso Básico de Voluntariado Ambiental que se celebraron o pasado mes de novembro.
Descargar todas as imaxes