mércores, 3 dec 2003
As consecuencias do Prestige un ano despois serán avaliadas no transcursos dunha mesa redonda que organiza a oficina municipal do voluntariado e que colaboran as concellería de Participación Cidadá e Medio Ambiente. O acto celebrase o xoves, día 4 de decembro, a partir das 20 horas no Aula Sociocultural de CaixaGalicia.
mércores, 3 dec 2003
A empresa Alcampo Vigo 2 recibiu o premio de integración de discapacitados 2003 que concede o Concello de Vigo a través do Gabinete Técncio de Accesibilidade . A concelleira de Benestar Social, Belén Sío entregou o galardon á devandita empresa considerada como pioneira na integración das persoas con discapacidade.
mércores, 3 dec 2003
O xoves, 4 de decembro ás 8,30 da noite, vai ter lugar o terceiro concerto do "XVII ciclo de interpretes internacionais" que organiza Xuventudes Musicais de Vigo coa colaboración do Conservatorio Superior de Música de Vigo e patrocinado pola Concellería de Cultura. No auditorio "Martín Códax" do Conservatorio actuará o dúo de violoncello e piano formado por Isabel Figueroa Lorenzo (violoncello)e Severino Manuel Ortiz Rey (piano) que interpretarán un programa con obras de Beethoven, Johannes Brahms e Sergei Prokofiev. Entrada será con carácter aberto e gratuito para todos.
mércores, 3 dec 2003
A Xerencia Municipal de Urbanismo reunuse o xoves, día 4 de decembro, a partir das 10 horas co seguinte orde do día:
mércores, 3 dec 2003
A consellería de Xuventude ven de asinar un convenio co Museo do Mar de Galicia polo que os mozos e mozas de Vigo poderán visitar a exposición "Olladas oceánicas" as noites dos días 12,13,19 e 20 de decembro. O convenio asinouse no marco da programación das Noites Vivas que organiza a Concellería de Xuventude.