Concerto do ciclo de intérpretes internacionais
O xoves, 4 de decembro ás 8,30 da noite, vai ter lugar o terceiro concerto do "XVII ciclo de interpretes internacionais" que organiza Xuventudes Musicais de Vigo coa colaboración do Conservatorio Superior de Música de Vigo e patrocinado pola Concellería de Cultura. No auditorio "Martín Códax" do Conservatorio actuará o dúo de violoncello e piano formado por Isabel Figueroa Lorenzo (violoncello)e Severino Manuel Ortiz Rey (piano) que interpretarán un programa con obras de Beethoven, Johannes Brahms e Sergei Prokofiev. Entrada será con carácter aberto e gratuito para todos.
PROGRAMA
PRIMEIRA PARTE
- Sete variacións sobre un tema de "A frauta máxica", en Mí bemol maior, WoO 46.L.V.BEETHOVEN
- Sonata para Violoncello e Piano Nº 1, en Mí menor, Op 38.JOHANNES BRAHMS
Allegro non troppo
Allegretto quasi menuetto
Allegro
SEGUNDA PARTE
Sonta para Violoncello e Piano, en Do maior, Op 119.SERGEI PROKOFIEV
Andante grave
Moderato
Allegro ma non troppo
ISABEL FIGUEROA LORENZO ( Violoncello ) naceu en Vigo en 1973, cidade na que iniciou os estudios musicais á idade de oito anos.Logo rematou os estudios musicais no Conservatorio de Santiago de Compostela, conseguindo o título profesional de Piano, o título Superior de Violoncello e o título Superior de Música de cámara, co profesor DALIBOR SEBESTIK. Máis tarde ampliou os estudios de Violoncello e Música de cámara na Hogeschool woor de Kunsten, en Utrecht(Holanda), cos mestres ELIAS ARIZCUREN e JEROEN DEN HERDER, dende 1996 ata o ano 2000. Ademais ten asistido a numerosos cursos de perfeccionamento con prestixiosos profesores como CHARLES ANDRÉ LINALE, ALEXANDER FEODORCHENKO ou ITZIAR ATUXA.
Foi bolseira da Fundación Caixagalicia, do IGAEM, e da Deputación de A Coruña. Dende o ano 1989 ata o ano 1995 formou parte da Xóve Orquestra de Galicia. Participou no Ciclo de Xóves Intérpretes que organiza a Fundación Barrié de la Maza. Entre os anos 2000 e 2003 foi profesora de Violoncello e Música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Arestora é profesora de Violoncello e Música de cámara no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Ademais ven desenvolvendo unha ampla actividade camerística, formando parte do Cuarteto de corda Ephimere, da Orquestra Sinfonieta de Vigo e do Cuarteto de Violoncellos Celli a quattro.
SEVERINO MANUEL ORTIZ REY (Piano) naceu en Pontevedra, cidade na que cursou os estudios musicais de grao medio. Logo trasladouse o Conservatorio Superior de Música de Vigo, estudiando coa profesora SO YOUNG MOON e rematando o grao Superior de Piano coa Primeira Mención de Honra.Ó mesmo tempo recibiu tamén clases da profesora VLADIMIRA SMAUSOVA.
Entre os anos 1998 e 2000 realizou estudios de postgrao na Academia Superior de Música e
Artes Escénicas de Praga (República Checa). Posteriormente asiste regularmente ás clases do profesor OLEG MANTUR no Conservatorio de Música de Centro-Finlandia.
Foi profesor de Piano e Pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Arestora imparte clases de Piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.