Escoitar

O alcalde visita o centro de educación especial Saladino Cortizo

O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou hoxe as instalacións do centro de Educación Especial Saladino Cortizo para interesarse polo traballo diario que desenvolven os noventa alumnos deste colexio. Pérez Mariño, que ademais de reunirse cos profesionais do centro e fixo un percorrido polas distintas aulas, asegurou que a sociedade debe concienciarse para prestarlle máis apoio á xente con maiores necesidades e explicou que centros como o Saladino Cortizo fan posible a integración de persoas con algún tipo de diminución e axuda.

martes, 2 dec 2003
O Alcalde de Vigo resaltou que os profesores puxeron de manifesto que as necesidades do centro, dependente da Xunta, son cada máis importantes e recalcou a importancia de traballar para axudar a colectivos menos favorecidos.