O Concello inicia unha campaña de recollida de bicicletas para darllas á xente con poucos recursos
Co lema "Unha bici, un sorriso" presentouse a campaña solidaria de recollida de bicicletas usadas organizada pola asociación "A golpe de pedal" e patrocinada pola Concellería de Benestar Social. Despois da reparación, as bicicletas entregaránselles ás persoas con poucos recursos económicos.
Esta campaña consiste en darlle a oportunidade ás persoas que teñen bicicletas en desuso para que poidan entregalas en beneficio dos rapaces con menos posibilidades económicas. Casas comerciais encargaranse, gratuitamente, da reparación e da instalación das pezas necesarias para que a entrega se realice en boas condicións.
A campaña estenderase durante todo o mes de decembro e os lugares onde poderán entregarse as bicicletas son a Policía Local, e os establecementos Anca, Delio e o Palacio da bicicleta. O reparto dependerá do volume de bicis recibidas e arregladas, sen embargo a organización pretende que se realice para o día de reis. Do reparto encargarase a concellería de Benestar Social.
"A golpe de pedal" defende a humanización das rúas da cidade, para o que estima necesaria unha concienciación sobre a utilización da bicicleta como medio de transporte alternativo ao vehículo particular.
Descargar todas as imaxes