Escoitar

Aprobadas as bases do concurso para acompañar aos Reis Magos

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural ven a aprobadas as bases do concurso "Vente cos Reis Magos 2004" polo que se seleccionará a 36 menores para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis , que terá lugar na nosa cidade o vindeiro día 5 de xaneiro. Cada carroza real irá acompañada de doce nenos/as.

martes, 2 dec 2003
Neste concurso poderán participar tódolos os nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 1991 e o 31 de decembro de 1995, ambos inclusive.

Para participar só será necesario cubri-lo boletín de inscrición que poderán recoller nas entidades socioculturais visitadas polo Carteiro Real ou no posto de información situado na lonxa da Casa do Concello. Só se aceptará un boletín por neno/a.

As inscricións depositaranse na urna colocada na lonxa da Casa do Concello ou na que acompañará ó Carteiro Real nas súas visitas. O prazo de inscrición comezará o día 15 de decembro e finalizará ás 20’00 horas do día 29.

O día 30 de decembro, ás 12'00 horas, realizarase o sorteo correspondente en acto público, na Casa do Concello. No sorteo, ademais dos trinta e seis nenos/as seleccionados/as, sacaranse un total de doce suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias. O Concello de Vigo ofreceralles ós nenos e nenas seleccionados un disfraz, que entregarán unha vez finalizada a cabalgata.