Escoitar

Vigo contará con seis novos autobuses accesibles para discapacitados

O Concello de Vigo colaborará na adquisición de seis autobuses estándar para a promoción da accesibilidade no transporte urbano. A concelleira de Benestar Social , Belén Sío, deu conta desta adquisición froito da adhesión da Corporación Local de Vigo ao convenio de colaboración subscrito polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Federación Española de Municipios e Provincias.

mércores, 3 dec 2003
1070457014Dsc00006.jpg
A FEMP , por conta do IMSERSO, transferirá ó Concello de Vigo a cantidade de 54.091,08 euros para colaborar na financiamento dos seis autobuses.

A concelleira salientou que con adquisicións como esta lógrase pouco a pouco facer unha cidade máis accesible e máis humana. Manifestou que accesibilidade significa que non existan barreiras físicas, de comunicación, nin mentais para que unha persoa con discapacidade poida exercer como persoa de pleno dereito na sociedade.

Belén Sío aproveitou á súa comparecencia ante os medios de comunicación para dicir que na nosa cidade mais de 18.000 persoas padecen algunha discapacidade psíquica, física ou sensorial. "Todas forman parte da sociedade viguesa e queren unha cidade máis accesible , mais humana e mais xusta". "Está claro- engadiu- que todos temos que dar moitos pasos cara diante para que a accesibilidade convértase pouco a pouco unha realidade.
Descargar todas as imaxes