Máis de 10 mil persoas asistiron os concertos de música ARE-MORE
Mais de dez mil persoas asistiron aos concertos que está a celebrar o festival de Música de Vigo Are More segundo os datos presentados hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, Xose Carlos Arias e o director do Festival, Roberto Relova. O festival celebrase ata o próximo día 19 de decembro e desenvolvense baixo o título xenérico "Os mil mares de Vigo".
O concelleiro anunciou que o festival entregará nesta edición dous premios, un a Teresa Berganza e outro á Banda de Música do Rosal. Os premios entregaranse no transcurso do último concerto o día 19 de decembro, data na que está prevista a actuación de Teresa Berganza.
Os escenarios dos concertos son o cine Fraga-Caixa Galicia, o conservatorio superior de Música, a Concatedral e o Museo de Arte Contemporánea.
O festival organizado pola Concellería de Cultura está patrocinado por PSA Peugeot Citroën, Aqualia, Necso, El Corte Inglés, Fundación Caixa Galicia , Xunta de Galicia e Universidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes