Escoitar

I Gala Anual do Comercio

O Centro Cultural Caixanova acolle a I Gala Anual do Comercio, patrocinada pola Concellería de Comercio, Caixanova e maila Consellería de Innovación Industria e Comercio.O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, pechará este acto, no que se espera a asistencia de máis de 400 comerciantes, así como a actuación do grupo de música celta AVALON.

xoves, 4 dec 2003
No decurso da I Gala Anual do Comercio, na que estarán representadas todas as asociacións de comerciantes de Vigo, farase entrega de cinco distincións –unha por cada unha das asociacións federadas- , en recoñecemento ó labor desenvolvido a prol do comercio da cidade.

Os homenaxeados este ano son: ANCA, XOIERIA RAMON FERNANDEZ, SECUNDIDO PONTE, MERCADO DE BOUZAS E MUEBLES CYL.

Os premiados recibirán unha obra do pintor galego Leopoldo Novoa, de máns de cada un dos presidentes das distintas asociacións de comerciantes representadas en FECOVI.

Paralelamente á celebración da gala, FECOVI organizou un amplio programa de actividades, de modo que paiasos, magos, contacontos e zancudos percorrerán as rúas das distintas asociacións de comerciantes a partir das 17.00h. do día 5 de decembro.