Escoitar

"A voz humana" chega ao Are More

"A voz humana" é o título da representación que o ciclo de música Are More programa para o venres, día 5,no cine Fraga Caixa Galicia a partir das 20.30 horas. Ópera nun acto de Francis Poulenc , con libreto de Jean Cocteau e interpretada pola soprano Carmen Gurriarán acompañada ó piano de Francisco de Borja Mariño. Alfonso Romero Mora é o director de escena e iluminación e Adrián Antonio Gasparello é o encargado da escenografía.

xoves, 4 dec 2003
1070538919carmen.jpg
Carmen Gurriarán
A obra trata dunha muller abandonada polo seu amante espera ansiosamente a súa última chamada. A espera faise tan insoportable e agónica que ela impulsivamente decide presentarse na súa casa. Nese momento soa o teléfono. Comeza entón unha conversa entre ambos que se verá interrumpida polas voces doutros abonados.

A obra finaliza cun pranto, un berro de amor desesperado que se dilúe no vacío dunha liña telefónica e coma se dun rito se tratase, repetindo unha letanía: "je t' aime, je t' aime, je t' aime, je t' aime, t' aime...". É o derradeiro intento de retrasar o inevitable final. Dobremente ferida, de desamor e deslealtade, a muller " desángrase coma unha bestia que coxea"* e o canto do cisne convírtese aquí no son desgarrador das súas verbas que lle axudan a desoír o silencio, a non mergullarse na nada.

Carmen Gurriarán, soprano

Nace no Barco de Valdeorras, Ourense. Comeza os seus estudios musicais de piano e violonchelo no Conservatorio de Ourense e despois en Santiago de Compostela e Madrid. Obtén o Título Superior de Piano, e inicia os estudios de canto proseguíndoos en Madrid. En xuño de 2002 finaliza o grao superior de canto no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Francisco de Borja Mariño, piano e dirección musical

Nado en Vigo, cidade onde estudia, conseguindo os Títulos Superiores de Piano, Solfexo e Música de Cámara. Na súa carreira pianística foi crucial a presencia dos mestres Julius Andrejevas, Vladimira Smausova e So Young Moon. Ademais realizou numerosos cursillos en España e a República Checa. Posteriormente trasládase a Madrid, onde acada o Título de Harmonía e Composición e o Título S. de Musicoloxía no Real Conservatorio de Música.

Alfonso Romero Mora, director de escena e iluminador

Nado en Madrid, comeza os seus estudios musicais a temprana idade, obtendo o título de profesor de piano. Durante seis anos foi director e fundador de numerosos coros, traballando o repertorio renacentista e barroco. Recibíu cursos especializados en órgano barroco, cravo e continuo e dirección coral, impartidos polos máis afamados intérpretes de ditas disciplinas.

Adrián Antonio Gasparello, escenógrafo

Nado en Arxentina, estudiou en aquel país desde idade moi temprana Belas Artes e Deseño Industrial na Universidade Nacional de Córdoba (UNC). Froito das súas inquedanzas artísticas realizou incursións en casi todas as manifestacións relacionadas co mundo da arte, desde a fotografía á escultura e pintura. Os seus cuadros foron expostos en diferentes cidades arxentinas e máis recentemente en Madrid, recibindo as mellores críticas.
1070538919carmen.jpg
1070538951francisco.jpg
1070538978adrian.jpg
Descargar todas as imaxes