O billete de autobús será gratuíto para os pensionistas con renta non contributiva
A partir do próximo ano reducirase o prezo do billete do transporte urbano aos pensionistas do tipo 1. Así o declarou hoxe a alcaldesa Corina Porro trala reunión do Consello Sectorial de Transportes, que tamén acordou as novas tarifas para o billetes de autobús urbano e de taxi.
Dende o 1 de xaneiro os pensionistas do tipo 1, é dicir aqueles que reciben pensións non contributivas e os seus ingresos totais ao ano son inferiores a 3.762 euros , non pagarán nada polo bonobús. A alcaldesa manifestou que o bono bus para estas persoas será gratuíto e que foi un compromiso electoral durante a súa campaña . Esta medida afecta a un total de 220.000 bonobuses ao ano e supón un custo para o Concello de 100.000 euros. O Goberno pensa extender esta medida de xeito progresivo a todo o colectivo de pensionistas.
O prezo do billete do autobús urbano para o 2004 será de catro céntimos máis pasando de 0,87 a 0,91 euros, segundo a fórmula polinómica que establece o prego de condicións.
A subida para as tarifas do taxi é a que corresponde ao IPC – que se propón para todas as taxa e impostos- o 2,7 %. Deste xeito a baixada de bandeira será de 2,30 €. O suplemento a Cotogrande será de 1,50 euros. A xunta local de prezos aceptou a ampliación do horario nocturno quedando de 22.30 horas a 06.00h.
Eurotaxis
Por outra banda nos primeiros días de xaneiro estarán a disposición das persoas con discapacidade dous eurotaxis, froito dun convenio co IMSERSO e a ONCE no que o Concello subvenciona con 2.402 euros/ano no mantemento dos vehículos.