Corina Porro aposta polo traslado das dependencias da alcaldía ó edificio Cambón<br />
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, solicitou á Xunta de Galicia a cesión do edificio Cambón, emprazado en pleno Casco Vello vigués, para ser ocupado pola Casa do Concello, e instalar alí a Alcaldía. Nun encontro que mantivo esta mañá co presidente da Xunta, a alcaldesa adiantoulle que desde o novo equipo de Goberno municipal tense pensado reorganiza-lo propio concello vigués, xa que na actualidade se vén xestionando do mesmo xeito que hai vinte anos. A xuízo da rexedora olívica, é preciso "facer unha aposta pola modernización, eficacia, eficiencia e polos controles de calidade" e iso implica "unha remodelación do propio edificio e dos espacios municipais".