Corina Porro aposta polo traslado das dependencias da alcaldía ó edificio Cambón<br />
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, solicitou á Xunta de Galicia a cesión do edificio Cambón, emprazado en pleno Casco Vello vigués, para ser ocupado pola Casa do Concello, e instalar alí a Alcaldía. Nun encontro que mantivo esta mañá co presidente da Xunta, a alcaldesa adiantoulle que desde o novo equipo de Goberno municipal tense pensado reorganiza-lo propio concello vigués, xa que na actualidade se vén xestionando do mesmo xeito que hai vinte anos. A xuízo da rexedora olívica, é preciso "facer unha aposta pola modernización, eficacia, eficiencia e polos controles de calidade" e iso implica "unha remodelación do propio edificio e dos espacios municipais".
A actuación que se pretende levar a cabo no edificio Cambón suporá o comezo dunha serie de iniciativas que teñen como obxectivo a recuperación do núcleo antigo da cidade. Neste sentido, segundo apuntou Corina Porro, estanse mantendo conversas para asinar cadanseu convenio de colaboración coa Zona Franca de Vigo e coa Consellería de Política Territorial e cóntase xa co apoio de Caixanova.
Corina Porro subliñou ademais que lle presentara a Manuel Fraga unha serie de proxectos, entre os que se atopa o Plan de Ordenación Municipal, "no que estamos traballando", dixo, e para o que se creou unha comisión, na que está representada a Xunta de Galicia. Este órgano ten como obxectivo "axiliza-los grandes proxectos de infraestructuras" da cidade de Vigo como son a estación do AVE "e outro tipo de actuacións que teñen moito que ver coa definición dese Plan Xeral".
Manuel Fraga e Corina Porro abordaron tamén a situación do novo auditorio de Vigo, para o que xa se iniciaron conversas coa Consellería de Política Territorial co fin de "desbloquear pequenos problemas".
Outros dos asuntos que tamén trataron foron o saneamento en Valladares e Zamáns, para o que "recibimos todo o apoio" do Goberno autonómico, segundo apuntou Corina Porro, e que se traducirá non só na solución dos problemas do saneamento, senón tamén dos relacionados coa depuradora.