Exposición itinerante sobre os oficios tradicionais
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, da concellería de Patrimonio Histórico continua coa exposición itinerante " A artesanía Tradicional. Un patrimonio actual" percorrendo as asociacións veciñais e entidades culturais de Vigo e o seu contorno. A mostra ofrece unha amplia visión dos oficios tradicionais de Galicia.
Neste intre a exposición atópase na Asociación de vecinos "O Freixo" en Valadares onde permanecerá ata o 9 de xaneiro .O sábado 27 de decembro dende as 17:30 ata as 20 h o alfareiro Tomás López González fará unha demostración da realización dun tipo de cerámica tradicional que se ven facendo na zona de Gundivós (Lugo). Todas aquelas persoas interesadas en asistir poden achegarse á asociación que está situada na Rúa de San Xoán, 294.
A exposición percorre sete oficios tradicionais, as súas orixes, as ferramentas, o seu uso... e amosa pezas significativas dos oficios que pertencen á exposición permantente deste Centro. Exporanse paneis ilustrados e pezas realizadas por artesáns galegos que recollen oficios tradicionais: carpinteiros, teceláns, oleiros, goarnicioneiros, alabardeiros, canteiros, ferreiros e cesteiros achegando á xente este legado patrimonial transmitido de xeración en xeración.