Concello e Cámara de Comercio amosan a súa vontade de colaborar xuntos
A alcaldesa, Corina Porro e o presidente da Cámara de Comercio, José García Costas, acordaron estreitar a colaboración entre ámbalas dúas institucións. Nun primeiro encontro que mantiveron, a alcaldesa e o presidente abordaron os grandes temas da cidade, coma o Plan Xeral de Ordenación Municipal e falaron de posibles colaboracións con vistas ó futuro, entre elas a posibilidade de que o vindeiro Plan Municipal de Emprego inclúa un viveiro de empresas, unha iniciativa na que agora traballa a Cámara de Comercio.