Escoitar

O luns celebrase pleno da Corporación Municipal

A Corporación Municipal celebra pleno o luns, día 29, a partir das nove da mañá , con 36 asuntos na orde do día. Entre outros asuntos darase conta da resolución da Alcaldía de estructuración das áreas e delegación de atribucións en concelleiros. Outro dos asuntos que se somentará a aprobación plenaria é a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas da recollida do lixo e de prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas sépticas, solares e servicios similares, así como a recepción de resíduos na pranta de transferencia.

venres, 26 dec 2003
1.- Actas anteriores. (Sesións 07-13-21-24.11.03)

ALCALDIA

2.- Dar conta de resolución da Alcaldía do 11.12.03 de revocación das delegacións outorgadas na Comisión de Goberno e nos Concelleiros delegados de área e de servicios.

3.- Dar conta de resolución da Alcaldía do 15.12.03 sobre nomeamento de tenentes de alcalde.

4.- Dar conta de resolución da Alcaldía do 15.12.03 de cesamento e posterior nomeamento de concelleiros membros da Comisión de Goberno.

5.- Dar conta da Resolución da Alcaldía de data 17 de decembro de estructuración das áreas e delegación de atribucións en concelleiros.

6.- Proposta da Alcaldía de modificación de dedicacións e retribucións dos concelleiros e persoal eventual da Alcaldía e grupos políticos.

7.- Proposta da Alcaldía da creación das novas Comisións Informativas.

ECONOMÍA E FACENDA

8.- Indemnización substitutiva dos gastos derivados da campaña divulgativa por mor da celebración do "Día sen o meu coche". Expte. 69186/210.

9.- Dar conta dos expedientes 587/335, 598/335 e 606/335, en concepto de indemnización substitutiva e convalidación de gastos, tramitados no servicio de Festas e Animación Sociocultural.

10.- Indemnización substitutiva e recoñecemento de débeda a favor de Limber Multiservicios pola prestación do servicio de atención cidadá e conserxería dos tres centros cívicos. Expte. 335/321.

11.- Indemnización substitutiva de gastos realizados en Relacións Públicas e Alcaldía. Expte. 894/101.

12.- Convalidación de gasto de actuacións realizadas ó abeiro dos convenios de colaboración entre o Concello de Vigo e Caixanova e Caixagalicia para a realización de World Fishing Exhibition 2003. Expte. 777/101.

13.- Convalidación de gasto a favor de Vigoarte Encuadernaciones en concepto de encuadernación de libros oficiais. Expte. 1156/110.

14.- Aprobación definitiva das modificacións das ordenanzas fiscais reguladoras dos seguintes tributos:

a) Modificación da ordenanza fiscal xeral.
b) Modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre bens inmobles.
c) Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
d) Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades econòmicas.
e) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou que entenda a Administración municipal ou autoridades municipais a instancia de parte.
f) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas relativas ó servicio de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles lixeiros de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de aboamento).
g) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servicios especiais por espectáculos ou transportes.
h) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de prevención de incendios, prevención de ruínas de construccións, derrubas, salvamentos e outros análogos.
i) Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación dos servicios dos cemiterios municipais.
l) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.
m) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de inspección sanitaria, os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza.
n) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación dos servicios de sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio por encargo.
ñ) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servicio de axuda no fogar prestado polo departamento de Benestar Social.
o) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servicio de escolas de primeira etapa de educación infantil de Lavadores, Teis e Casco Vello.
p) Modificación da ordenanza fiscal reguladora tas taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.
q) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa da vía pública e terreos de dominio público local con instalación de quioscos.
r) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais.
s) Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de licencias para construccións, obras e instalacións.
t) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por licencias de actividades e instalacións.
u) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servicios que presta o organismo autónomo municipal Parque das Ciencias-Vigozoo a través do seu parque zoolóxico.
v) Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servicios de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.

15.- Aprobación definitiva das modificacións dos acordos reguladores dos seguintes prezos públicos:

a) Modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servicio de organización de espectáculos.
b) Modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de ensinanzas especiais e outras actividades en establecementos municipais.
c) Modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos por utilización das instalacións deportivas municipais, pertencentes ó "Instituto Municipal dos Deportes".

16.- Aprobación definitiva da modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas da recollida do lixo e de prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas sépticas, solares e servicios similares, así como a recepción de resíduos na pranta de transferencia.

EDUCACIÓN, SEGURIDADE, TRÁFICO E TRANSPORTES

17.- Expediente de revisión de tarifas do servicio público regular do transporte urbano colectivo de viaxeiros para o ano 2004.

18.- Expediente de revisión de tarifas de auto-taxi da cidade de Vigo para o ano 2004.

VÍAS E OBRAS, AUGAS E SANEAMENTO

19.- Indemnización substitutiva a favor de Oreco en concepto de obras de peonalización do entorno da rúa do Príncipe, tramo López de Neira.

PERSOAL, PATRIMONIO, CONTRATACIÓN E RÉXIME INTERIOR

20.- Dar conta de recoñecemento extraxudicial de crédito a favor da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos. (Expte. 10/232).

21.- Proposta de revisión de prezos das tarifas de aparcadoiro da Porta do Sol.

22.- Proposta de revisión de prezos do contrato de retirada de vehículos mal estacionados na vía pública.

23.- Proposta declarando deserta a subhasta para o alleamento de parcela edificable "PERI 4 Barreiro 2" propoñendo o seu alleamento por procedemento negociado.

24.- Proposta sobre solicitude de desafectación ó uso púbilco municipal do tramo final do camiño Roade-R3 de Alcabre.

25.- Solicitude de don Bernanrdo Costas Fernández sobre desafectación de camiño en Dehesa-San Paio de Navia.

26.- Proposta sobre recurso de reposición contra acordo plenario de data 28.04.03 aprobando definitivamente a rectificación do Inventario municipal de bens e dereitos da Entidade Local respecto a determinadas parcelas.

27.- Alleamento do aproveitamento municipal por procedemento de subhasta na Finca Solita.

28.- Dar conta da proposta sobre indemnización en concepto de dietas por asistencia de Policías Locais en prácticas á Academia Galega de Seguridade.

MEDIO AMBIENTE, MULLER, PARQUES E XARDÍNS

29.- Ratificación de acordo sobre composición do Consello Municipal da Muller.

URBANISMO

30.- Aprobación de expediente de expropiación por taxación conxunta de catro fincas para a execución dos accesos ó Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo.

31.- Programa de medidas urxentes para a axilización da tramitación de expedientes na Xerencia Municipal de Urbanismo.

MOCIÓNS

32.- Moción do grupo municipal de DPG sobre creación do Consello Social da Lingua Galega.

33.- Moción do grupo municipal do BNG sobre sinalización do treito da Autoestrada A-9 dentro do termo municipal de Vigo.

34.- Moción do grupo municipal do BNG sobre da-lo nome de Victorino Enríquez Amado a unha rúa do PAU de Navia.

35.- Moción do grupo municipal do BNG sobre proposta da Comisión Europea de regulamento de pesca para os buques comunitarios.

36.- Rogos e preguntas.