Escoitar

Concello e Cámara de Comercio amosan a súa vontade de colaborar xuntos

A alcaldesa, Corina Porro e o presidente da Cámara de Comercio, José García Costas, acordaron estreitar a colaboración entre ámbalas dúas institucións. Nun primeiro encontro que mantiveron, a alcaldesa e o presidente abordaron os grandes temas da cidade, coma o Plan Xeral de Ordenación Municipal e falaron de posibles colaboracións con vistas ó futuro, entre elas a posibilidade de que o vindeiro Plan Municipal de Emprego inclúa un viveiro de empresas, unha iniciativa na que agora traballa a Cámara de Comercio.

venres, 26 dec 2003
1072452071Camara.jpg
Corina Porro e mailo presidente da Cámara de Comercio trataron asuntos coma o estudio sobre o borde litoral que encargou o Concello á Zona Franca e falaron da posible recuperación de espacios no porto para o lecer dos cidadáns, "nos que o comercio ou a restauración terán especial importancia", destacou a alcaldesa. Ademais, no encontro abordouse tamén a aposta do Goberno pola recuperación do Casco Vello a través dun convenio con Zona Franca e a Consellería de Política Territorial, coa participación de Caixanova "e a posibilidade de que colabore tamén a Cámara de Comercio".
Descargar todas as imaxes