A Xerencia aproba o plan para a axilización da tramitación de expedientes e o calendario de traballo para a aprobación inicial do PXOM
O Consello da Xerencia de Urbanismo de hoxe aprobou o programa de medidas urxentes para a axilización da tramitación de expedientes na Xerencia Municipal de Urbanismo, un plan que ten por obxectivo que, nun prazo de 6 meses, os expedientes estén ó día e, a partires dese momento se poidan cumprir os prazos legais, é dicir, que as licencias se concedan nun prazo non superior ós tres meses.
O Plan inclúe medidas coma a contratación de catro persoas para a oficiña de licencias e a incorporación inmediata dun arquitecto técnico, a mellora do sistema informático e un complemento de productividade para os funcionarios do departamento e un convenio co Colexio de Arquitectos de Galicia.
Por outra banda, o calendario de traballo para a aprobación inicial do PXOM contempla unha serie de reunións cos distintos grupos municipais na procura de consensua-lo documento, que se someterá a informe preceptivo da Consellería de Política Territorial.