O Goberno encarga a Zona Franca un estudio sobre a recuperación do borde litoral
A alcaldesa, Corina Porro, anunciou hoxe que o Goberno encargou a Zona Franca a elaboración dun estudio sobre a recuperación do borde litoral de Vigo no que se defina a relación entre o Porto e a cidade. Corina Porro deu conta desta decisión tras un encontro que mantivo co presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, e sinalou que este estudio podería estar rematado no prazo de dous meses.

Na reunión con Julio Pedrosa, que forma parte da serie de encontros que a alcaldesa está a manter cos representantes das distintas institucións da cidade, se abordou tamén a posible recuperación de espacios no porto para o uso e lecer dos cidadáns. Corina Porro dixo que tratará este asunto nunha visita que realizará o porto próximamente.
Descargar todas as imaxes