xoves, 18 dec 2003
O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Jose Manuel Figueroa, informou ós representantes dos distintos grupos políticos da convocatoria dunha reunión extraordinaria da Xerencia de Urbanismo o vindeiro luns, 22 de decembro, ás 11:30 horas, na que se tratará o calendario e a metodoloxía a seguir para a aprobación do PXOM e se abordará a posta en marcha dunha comisión de seguimento do plan, integrada polo Concello, a Xunta, Zona Franca, a Autoridade Portuaria e o Ministerio de Fomento. Así o anunciou a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, trala celebración do Consello da Xerencia de Urbanismo de hoxe.
xoves, 18 dec 2003
A mezzosoprano Teresa Berganza clausura o ciclo de música ARE-MORE organizado pola Concellería de Cultura e que se desenvolveu desde o mes de outubro. O concerto terá lugar o venres, día 19, ás 20.30 horas , no cine Fraga Caixa Galicia. Berganza estará acompañada de José María Garrardo Rey.
xoves, 18 dec 2003
A Casa Galega da Cultura acolle unha exposición de conmemoración do Estatuto de Autonomía de Galicia do 19 ao 31 de decembro organizada pola Federación Veciñal de Vigo, a Fundación Alexandre Bóveda, a Fundación Castelao a Fundación pola promoción da Saúde e a Cultura e a Concellería de Animación Sociocultural.
xoves, 18 dec 2003
A Alcaldía publica un bando no que dispón que é preciso contar coas pertinentes autorizacións para organizar actividades de carácter festivo nos días de Nadal, Fin de Ano e Reis, para o que é necesario dispoñer de autorización nos locais que non conten coa licencia para tódolos actos programados.
xoves, 18 dec 2003
Co obxecto de evitar os posibles prexuízos que poidan derivarse dunha tirada indiscriminada do que, na lexislación vixente, se denomina "artificios pirotécnicos", é necesario lembrar que conforme: