O Concello apoia a creación da cidade textil
A alcaldesa, Corina Porro, salientou hoxe a importancia de que Vigo lidere o sector do textil e se convirta nun dos eixes máis importantes de Galicia-Norte de Portugal. Durante un encontro coa asociación Texvigo, que integra a 45 empresas do sector do textil e que presentou á alcaldesa o seu proxecto para a futura cidade textil, Corina Porro amosou o compromiso do Concello para facilitar e axilizar o tódolos trámites para que a cidade textil sexa, no menor tempo posible, unha realidade.
Porro avaliou a importancia deste proxecto, polo que representa para o sector servicios e para a promoción económica da cidade, xa que suporá a creación de 1.300 postos de traballo.
Texvigo, entidade que integra a un grupo de 45 empresas textís do área de influencia de Vigo, leva a cabo a execución dun parque empresarial textil conformado por unha zoa industrial que ocupa uns 100.000 m2 e unha zona de I+D de 9.000 m2, na que se construirá un edificio que albergará una serie de servicios de empresas do textil galego.
Esta actuación, única en España, pretende unificar os conceptos , ata o de agora, no coordinados no ámbito da industria textil como son a formación, I+D e a actividade industrial.