Escoitar

A alcaldesa anuncia a adaptación de Cedro aos novos perfís de usuarios

A alcaldesa Corina Porro visitaba esta mañá aos traballadores municipais de Cedro, Cemiterio de Pereiró e Policía Local . A alcaldesa subliñou a necesidade de adaptar o Centro Municipal de Atención a Drogodependentes ao cambio de perfil dos usuarios que se ven experimentando nos últimos tempos.

martes, 16 dec 2003
1071588184Dsc00011.jpg
Corina Porro, relacionada con CEDRO dende o ano 95 cando foi concelleira de Benestar Social, manifestou que o Centro é de gran importancia polo servicios que realiza e que no que vai de ano atendeu a 1.400 pacientes. A alcaldesa subliñou a necesidade de adaptar ó centro aos usuarios debido ao seu cambio de perfil. Ademais reiterou a necesidade de traballar desde a prevención .

No que se refire ó Area de Benestar Social a alcaldesa perfilou como retos cara ao futuro de apostar pola igualdade de oportunidades e pola integración. Anunciou un cambio da estructura administrativa do departamento municipal e o fortalecemento da Unidades de Acción Social coas concellerías de distritos.

Na visita que realizou á Policía Local, Corina Porro, manifestou que nesta nova etapa de goberno quere apostar pola normalidade e tranquilidade e solicitou a colaboración de todos para que sexa posible ó tempo que avaliou moito o traballo que realizan os axentes da policía municipal.
Descargar todas as imaxes