Escoitar

O Concello colabora na difusión do centro comercial aberto no Casco Vello

A alcaldesa, Corina Porro e o presidente da Asociación de Comerciantes "Os Peiraos", Santiago Vidal, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a difusión do Centro Comercial Aberto "Vigo Vello".

martes, 16 dec 2003
1071582395firma.jpg
Momento da sinatura
A difusión establecerase mediante elementos de sinalización horizontal e vertical que sirvan como identificadores de "Vigo Vello" así como a colocación na fachada dos establecementos asociados dunha placa identificativa de aceiro inoxidable.

A actividade comercial é un dos principais elementos de dinamización económica nos procesos de rehabilitación urbana. O proxecto de Centro Comercial Aberto do Casco Vello de Vigo, elaborado a instancias da Asociación de Comerciantes Vigo Vello, representa unha decidida acción de revitalización comercial desta zona da cidade que se atopa en pleno proceso de recuperación urbanística, social e cultural.

Habida conta o interese mutuo no desenvolvemento económico da zona e considerando que a sinalización proposta transcende dos intereses directos dos comerciantes asociados para acadar un obxectivo público no proceso de rehabilitación urbana do Casco Vello, o Concello de Vigo entende que cómpre unha colaboración neste sentido entre as dúas entidades.
Descargar todas as imaxes