Corina Porro aposta pola integración laboral das persoas con discapacidade
Durante unha visita ó mercadillo De Boa Man fixo un chamamento a tódolos empresarios para que den prioridade a este colectivo
A alcaldesa, Corina Porro, apostou esta mañá pola integración laboral das persoas con discapacidade. Durante a visita que realizou ó mercadillo De Boa Man, no que se divulgan productos realizados por centros de persoas con discapacidade, Corina Porro sinalou que o Concello traballa nun Plan de Emprego no que dará prioridade ás persoas con discapacidade. A alcaldesa de Vigo fixo un chamamento a tódolos empresarios para que contraten, non só a minusválidos físicos, senón tamén a persoas con discapacidade intelectual.
Por outra banda, Corina Porro reuniuse pola mañá con dez representantes do Comité de Persoal do Concello e co Valedor do Cidadá, Luis Espada. Nos encontros presentou o seu proxecto de descentralización municipal, que suporá un cambio de xestión na organización do Concello.
Porro trasladou ó Comité a súa intención de olvidar os intereses partidistas e volver á normalidade política. Ademais, abogou por establecer un canle de diálogo co comité que estará “sempre aberto”
Descargar todas as imaxes