Concerto de clausura do ARE-MORE a cargo da Teresa Berganza
A mezzosoprano Teresa Berganza clausura o ciclo de música ARE-MORE organizado pola Concellería de Cultura e que se desenvolveu desde o mes de outubro. O concerto terá lugar o venres, día 19, ás 20.30 horas , no cine Fraga Caixa Galicia. Berganza estará acompañada de José María Garrardo Rey.
Teresa Bernaza marcou con caracteres de arquetipo para sempre, a Dorabella e Cherubino, a Rosina, Angelina e Isabella, a Perichole, a Dulcinea, a Charlotte, a Carmen...
A súa voz, a subxugante de Teresa Berganza, é algo así como a invocación a un misterio que se fai cómplice dos destelos dunha mirada; unha voz chea de trasno, que non é fin en sí mesma, senón admirable medio natural ó servicio do sentimento que infunde ó canto a ideal pureza lírica dunha melodía; o arrebato dunha paixón existencialmente dramática. Voz de e para tódalas vocais; voz para o recamado musical da palabra, coa que chega a fundirse de modo prodixioso.
Teresa Berganza enriquece os sons mediante un implacable fraseo, logrando coa palabra unha proxección nítida a través da emisión, na que o virtuosismo dos "legatos" traduce ritmos e cadencias con sutileza orfebre.
Abofé que Mozart, Händel, Rossini, Purcell, Offenbach, Bizet e Massenet, estremeceríanse de gozo no inmenso espacio da súa gloria, cando esta madrileña de "rompe e rasga" descifra, coa súa voz, o misterio que eles deixaron coas súas arias.
A fin de contas, Teresa Berganza é algo máis que unha mezzosoprano. Teresa é unha maneira de ser e de sentir; un estilo palpitante, con poderoso carisma e maxestade de deusa.
PROGRAMA
I PARTE
Mozart*- Deh, vieni alla finestra (Don Giovanni)
Massenet* - Puorquoi me réveiller (Werther)
Wagner* - O du, mein Holder (Tannhäuser)
Gallardo del Rey - Obertura de Silverio
Lara* - Madrid, Madrid
M.T. Lara* - Noche de Ronda
Velázquez* - Bésame Mucho
Valverde, León y Quiroga* - María de la O
Penella, Alvarez* - En Tierra Extraña
II PARTE
Piazzola* - Chiquilín de Bachín
Adión Nonino
Modugno - Dio como ti amo
Nel blú dipinto di blú
Schultz - Lili Marleen
Gallardo del Rey - Fuego
Canción de Despedida
Canción de Cuna
* arranxos: José María Gallardo del Rey
Dirección Musical: José María Gallardo del Rey
Flauta: Ezequiel Cortabarría
Clarinete: Vicente Sabater
Violoncello: Michal Dmochowski
Percusión: Roberto Vozmediano
Violín: Nuria Félix
Contrabajo: Germán Muñoz
Piano: Oscar González
Descargar todas as imaxes