Escoitar

Conmemoración do Estatuto de Autonomía

A Casa Galega da Cultura acolle unha exposición de conmemoración do Estatuto de Autonomía de Galicia do 19 ao 31 de decembro organizada pola Federación Veciñal de Vigo, a Fundación Alexandre Bóveda, a Fundación Castelao a Fundación pola promoción da Saúde e a Cultura e a Concellería de Animación Sociocultural.

xoves, 18 dec 2003
1071761837a.jpg
A exposición rende homenaxe á figura de Alexandre Bóveda con motivo do seu centenario e ás persoas que posibilitaron a consecución do Estatuto. Os actos acollen tamén a presentación do libro de Uxío Breogan "O Estatuto de Galicia 1932" e o libro de actas da asemblea dos concellos galegos do ano 32.
Descargar todas as imaxes