O Goberno comprométese a ampliar as beirarrúas e volver ó aparcamento en liña na rúa Ecuador
A alcaldesa e mailo concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, reuníronse cos colectivos afectados polos cambios de tráfico nesta zona e manifestaron a súa intención de executa-las novas medidas antes do verán de 2004.

O Goberno municipal ampliará as beirarrúas e implantará de novo o aparcamento en liña a ámbolos dous lados da rúa Ecuador, deixando un carril central para a circulación dos vehículos. Así o acordaron hoxe a alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, durante o encontro que mantiveron cos colectivos afectados polos cambios de tráfico nesta rúa viguesa. O Goberno porá en marcha estas novas medidas antes do verán de 2004.
Con estas medidas se evitará o aparcamento en dobre fila e beneficiará, por unha banda ós comerciantes e, pola outra, ós residentes nesta rúa viguesa.
Descargar todas as imaxes
Con estas medidas se evitará o aparcamento en dobre fila e beneficiará, por unha banda ós comerciantes e, pola outra, ós residentes nesta rúa viguesa.