As festas de Nadal deberán dispoñer de autorización regulamentaria
A Alcaldía publica un bando no que dispón que é preciso contar coas pertinentes autorizacións para organizar actividades de carácter festivo nos días de Nadal, Fin de Ano e Reis, para o que é necesario dispoñer de autorización nos locais que non conten coa licencia para tódolos actos programados.
A falta da preceptiva autorización regulamentaria dará lugar, por parte dos responsables, á comisión de infracción que será tramitada polas canles legalmente establecidas e esto sen prexuízo de calquera outra medida a adoptar.
O Real decreto 2186/1982 de 27 de agosto, aprobou o Regulamento xeral de policía e espectáculos públicos e actividades recreativas, establecéndose nese regulamento a obrigatoriedade xeral de obter a correspondente licencia previa para a realización de calquera espectáculo, servizo ou actividade dos relacionados nese regulamento e as demais actividades de similares características, con independencia de que sexan de titularidade pública ou privada e de que se propoñan ou non finalidades lucrativas.
Sen prexuízo das licenzas ou autorizacións pertinentes doutras administracións públicas, aqueles que pretendan organizar actividades de carácter festivo nos días de Nadal, Fin de Ano ou Reis, en locais non previstos a tal efecto e co obxectivo fundamental de velar pola protección das persoas e a súa seguridade, así como polo cumprimento dos fins que persegue a Lexislación vixente en materia de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas e as NBE-CPI 96 referente ás condicións de protección contra incendios dispostas pola Alcaldía.
DISPÓN:
Primeiro.- O prazo para solicitar as correspondentes autorizacións cara a realizar actividades de carácter festivo ou recreativo en locais ou instalacións non previstas para tal finalidade será de cinco días naturais anteriores como mínimo á data prevista da celebración da actividade.
Segundo. As solicitudes presentaranse mediante escrito razoado ante este Concello, no que consten e se acrediten, de ser o caso, os seguintes extremos:
a) Nome e apelidos, DNI e o enderezo do solicitante ou calidade en virtude da que solicita a autorización.
b) Identificación do local, para o que ademais de indicar a dirección deberán presentar un plano a escala 1:200 da cartografía municipal sinalando a súa localización.
c) Fotocopia da licencia de apertura que terá que referirse a actividades das incluídas no nomencater do citado Regulamento de espectáculos.
d) Declaración do tipo de actividade que se pretende desenvolver, especificando data e duración prevista, así como o seu horario previsto.
e) Certificado expedido por técnico competente e visado polo colexio profesional, acreditativo da condición de solidez e do cumprimento das medidas de seguridade contra incendios especialmente en materia de evacuación, coa indicación do aforo máximo e as instalacións de protección axeitadas á actividade que se pretende.
f) Plano en planta do local a escala, indicando a superficie, distribución das saídas, vías de evacuación, extintores, bocas de incendio de ser o caso, iluminacións de emerxencia e sinalización, vías públicas ás que acceda o local, largo destas, e demais datos de seguridade, visado polo correspondente colexio profesional.
g) Certificado de mantemento de cada unha das instalacións de protección de incendios, expedido por empresa autorizada.
h) Os solicitantes deberán indicar un número de teléfono de contacto a fin de poder realizar unha inspección do local e comprobar a súa adecuación á documentación presentada.
Terceiro. Estudiada a documentación achegada e inspeccionado o local o Concello autorizará ou non a solicitude presentada sen prexuízo das autorizacións pertinentes doutras administracións.
Cuarto.- A falla da preceptiva autorización regulamentaria dará lugar por parte dos responsábeis á comisión de infracción que será tramitada polas canles legalmente establecidas, e isto sen prexuízo de calquera outras medidas para adoptar.
O que se publica para xeral coñecemento e cumprimento.