Escoitar

Medidas de tráfico para deixar paso á Cabalgata de Reis

A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes establece zonas de prohibición de estacionamento, cortes de tráfico, desvíos e cambios no sentido de circulación dalgunhas rúas con motivo da celebración da Cabalgata de Reis.

luns, 5 xan 2004
Prohibición de Estacionamento

A partir das 10:00 horas do luns día 5 de xaneiro do 2004 ata o remate da Cabalgata prohíbese o estacionamento nas rúas:

PE1.- R/ Venezuela (dende Avda. das Camelias ata Gran Vía), toda Avda. Camelias e o tramo oeste da R/ Alvaro Cunqueiro (do núm 2 ó 18) e Avda. de Castrelos (dende Pza. América ata R/ Cesáreo González)

PE2.- Prohíbese o estacionamento na R/ Manolo Martínez (dende Avda. do Fragoso ata Avda. da Florida) para o desvío alternativo.

PE3.- Prohíbese o estacionamento na R/ Pescadores, Paulino Freire e Eduardo Cabello (Fronte ó Liceo) para a Cabalgata de Bouzas.

Peches de Tráfico

Pecharase o tráfico na tarde do luns 5 de xaneiro do 2004 nas seguintes rúas:
PT1.- Ás 15:00 ata o pase da Cabalgata por R/ Venezuela (tramo comprendido dende Rúa Blein Budiño e Celso Emilio Ferreiro ata Padre Don Rúa, para a formación da Cabalgata) e os seús accesos dende as rúas transversais de Simón Bolívar, Panamá e Taboada Leal.

PT2.- Ás 17:00 horas a Avda. das Camelias (de Venezuela ata a praza da Independencia) , Pza. do Rei e Paseo Granada para o percorrido da Recepción ós Reis Magos na Praza da Independencia, tamén as rúas transversais a Avda. das Camelias excepto os veciños ata ós seus garaxes e a carga-descarga.

PT3.- Ás 18:00 horas toda a Avda. das Camelias, a superficie de Pza. América (e no interior do túnel só o sentido cara Camelias), Álvaro Cunqueiro (tramo oeste, dende o núm 2 ata o 18) e ós seus accesos dende as súas rúas transversais de Avda. Hispanidade, R/ López Mora, R/ Romil, R/ Doutor Marañón, R/ Chile, R/ D. Quijote, R/ Frau, R/ Pintor Lugrís, R/ Pintor Colmeiro, R/ Laxeiro, e R/ Otero Pedraio, excepto os veciños ata os seus garaxes e a carga-descarga de vehículos lixeiros.

PT4.- Ás 18:30 e con carácter circunstancial segundo o paso da Cabalgata de Bouzas pecharanse as rúas de Eduardo Cabello, "Rotonda Das Anclas", Pescadores, Paulino Freire, Tomás Paredes, Av. Europa, Pardaiña, Arquitecto Pérez, Av. Atlántida, Tomás Alonso e Camilo Veiga retornando por Pescadores, "Rotonda das Anclas" a Eduardo Cabello.

Percorridos alternativos no entorno da Praza América

A1.- O tráfico que se aproxime á praza de América descendendo pola Gran Vía desviarase pola rúa do Carmen baixando preferiblemente ata circunvalación pola rúa Torres Quiroga (fronte ós frontóns do pavillón) ou ben dun xeito máis dificultoso ata a Avda. de Castrelos.

A2.- O tráfico que acceda á praza de América procedente de Balaídos desviarase pola rúa Eugenio Kraff e Manuel de Castro, e no último tramo pola rúa Manolo Martínez.

A3.- O tráfico que acceda á praza de América procedente da Avda. da Florida (C-550) desviarase pola rúa Darío Durán accedendo á Avda. de Castelao.

A4.- O tráfico procedente da Avda. de Castelao só terá libre a saída polo túnel no sentido cara a Gran Vía, e por superficie só cara a Avda. da Florida.

A5.- O tráfico procedente de Beiramar non poderá subir pola rúa Coruña a partir da praza de Eugenio Fadrique a partir das 18:00 horas, tendo que desviarse por Beiramar ata a circunvalación por Bouzas ou ben cara o centro polo túnel de Beiramar. (Na parroquia de Bouzas existirán peches circunstanciais co gallo da Cabalgata de Bouzas).

Permitirase a subida dos autobuses urbanos (Vitrasa) ata a praza de América ata que o permita a afluencia de público, impedíndose totalmente a partir das 19:00 horas.

A6.- Autorízase a partir das 18:00 o acceso polo carril-bus de Pi y Margall (desde López Mora ata rúa Chile) e o acceso ós seus garaxes dos veciños das rúas afectadas polo itinerario da Cabalgata.

A7.- De xeito circunstancial e durante a Cabalgata, invertirase o tráfico no tramo da rúa Álvaro Cunqueiro dende Colmeiro ata Zaragoza para acceder os veciños e comerciantes ós seus garaxes e comercios.

Alteración das liñas de autobus urbano (Vitrasa) e interurbano (ATSA) e outras

Veranse afectadas directamente por desvíos todas as liñas con paradas e que pasan pola rúa Venezuela, Avenida das Camelias e Praza de América.

Posto Central de Protección Civil

Estableceráse un posto destacado de emerxencias e atención a nenos perdidos na praza da Independencia. En caso de perdas de nenos, dirixirse ós voluntarios de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.

Recomendacións Finais

Evita-lo uso dos vehículos particulares.
Evita-lo estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos tramos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencias de ambulancias e bombeiros.
Evita-la concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa Venezuela, así como na Avda. das Camelias - López Mora xunto a saída do túnel da praza de América e subir no muro do túnel polo risco de caídas ó vacío.
Manter control sobre os nenos, evitando a súa pérda, e que se abalanzen cerca das carrozas na busca de caramelos.
Atende-las instruccións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.