Escoitar

As Illas Cíes contarán cun selo de correos propio no 2004

As Illas Cíes contarán cun selo de correos propio no ano 2004, tal e como solicitou o Concello de Vigo.

martes, 18 nov 2003
1069170470cies.jpg
Panorámica das Illas Cíes.
Segundo ven de informar o Ministerio de Fomento, a Comisión de Programación de Selos e máis signos de franqueo ven de dar luz verde a unha petición solicitada polo Concello de Vigo, a través da Concellería de Turismo, na que se “solicitaba que a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre acuñara unha serie conmemorativa dun selo no que se grave a imaxe das Cíes, cun lema alusivo a súa declaración como Parque Nacional”.

O selo será presentado ao longo do ano que ven, xunto cun matasellos e un sobre do día de emisión. Esta iniciativa, sobre a que aínda non se concretou nin a tirada nin o valor postal, servirá para que a imaxe das Cíes percorra todo o mundo, en recoñecemento de ser considerado un dos paraxes máis significativos e salientables de Galicia, así como un dos lugares turísticos máis frecuentados da Comunidade, xunto coa Catedral de Santiago.
Descargar todas as imaxes